Deportivo

A continuidade de Lucas Pérez no Deportivo non está garantida
15/05/2024 13:25
Ten un ano máis de contrato, pero hai diferenzas entre a directiva e o xogador

O Concello da Coruña acepta estender o actual convenio co Deportivo outros 25 anos
15/05/2024 11:36
O actual convenio recolle unha duración de 25 anos e unha cláusula de renegociación en caso de que haxa un cambio na propiedade do club

O Deportivo propón renovar o convenio actual de Riazor por 25 anos
14/05/2024 22:25
Despois dos desacordos das últimas horas, o presidente do club coruñés emitiu un comunicado en que tende a man á rexedora Inés Rey

Ines Rey acusa a Abanca de usar o Deportivo e a afección para "chantaxear e sacar rédito"
14/05/2024 12:01
Na súa opinión o ocorrido é "de extrema gravidade"
Engadiu que Abanca non vai "conseguir nada utilizando o deportivismo"

Lucas marcou o camiño, e a nova xeración tirou co muro da 1.ª RFEF
13/05/2024 21:13
Catro anos no inferno da terceira categoría do fútbol español remataron para o Deportivo
O capitán Lucas Pérez tivo un papel estelar con 12 goles e 17 asistencias

O Deportivo non acode á recepción no Concello da Coruña, que culpa a Abanca
13/05/2024 15:53
O Goberno municipal, do PSOE, sinala que o deportivismo merece poder felicitar o seu equipo na praza de María Pita, “como sempre se fixo nas grandes ocasións” na historia do club
O Deportivo acusa ao concello da Coruña de "poñer en perigo" o seu futuro en Segunda División pola súa falta de colaboración
O Deportivo visitou a Deputación e foi recibido por Alfonso Rueda

O Deportivo ascende a Segunda División
12/05/2024 21:04
Os de Idiakez vencen en Riazor ao filial do Barça grazas a un gol de Lucas Pérez e certifican o regreso ao fútbol profesional

A cidade da Coruña preparada, para celebrar o posible ascenso do Dépor
10/05/2024 15:05

Idiakez: "Vivimos de soñar e estamos moi ilusionados por darlle alegría a xente"
10/05/2024 14:03
O Deportivo preparou esta mañá o plan de partido deste domingo ante o Barcelona B

O deportivismo conta os días para o decisivo partido co Barcelona Atlétic
06/05/2024 20:57
O domingo (19:00 horas, TVG) terá a primeira oportunidade de regresar ao fútbol profesional
Só o triunfo diante do filial do Barça posibilitaría o ascenso