Música

Oswaldo García: "Queremos que os espazos patrimoniais sexan tamén emocionantes"

22/10/2025 13:34

FON_OS propón unha nova forma de habitar o patrimonio: observando, interpretando e activando a súa memoria

Na parte visual o proxecto constrúese combinando escaneado 3D, improvisacion audiovisual e material de arquivo e no musical: guitarra, efectos e samples para crear paisaxes sonoras

A estrea do proxecto foi na igrexa de San Domingos en Tui durante o festival Play Doc

Categorías:  Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Carme López: "A mediados do século pasado comézase a falar das escolas do tradicional"

21/10/2025 14:52

Nos anos 50 hai unha ruptura da transmisión oral pola emigración, a ditadura e o éxodo rural 

Pásase da transmisión a creación de espectáculo con música e baile tradicional coas Seccións Femininas e Asociacións Folklóricas 

Hoxe téndense á estandarización a pesar da diversidade da demanda, aínda que a oferta é eminentemente privada

Categorías:  Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Agar Ledo: "Territorio non é un espazo físico, tamén son as tradicións compartidas entre países"

20/10/2025 14:51

'Territorio. Videoarte dende Centroamérica' é unha mostra aberta ata o 18 de xaneiro no CGAC de Santiago

É unha das escenas máis descoñecidas de América Latina e, con todo, unha das máis radicais e experimentais

Moitos artistas galegos exiliados na Guerra Civil, como Eugenio Granell, viviron en países centroamericanos
 

Categorías:  Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

CeibaRimas celebra en Pontevedra cinco anos de rap improvisado en galego

18/10/2025 21:05

Os participantes foron sorteando as frases con pericia neste aniversario do certame que demostra que o freestyle en galego existe e está a medrar con forza

Dende as regueifas ata as batallas de galos, parece que non nos presta quedar coa palabra na boca
 


O obradoiro de gaitas Seivane presenta o seu último invento: o bordófono

17/10/2025 20:24

"Para estes músicos tan talentosos que a veces co mesmo punteiro teñen que levar un montón de roncos para poder cambiar de tonalidade, quixemos que estivera todo dentro da mesma gaita"


Christian Charisius/dpa

Linkin Park, segundo cabeza de cartel confirmado para O Son do Camiño 2026

15/10/2025 11:13

Será a primeira actuación en Galicia da banda estadounidense


Brent Gudenschwager/ZUMA Press W/DPA

Katy Perry, cabeza de cartel do Son do Camiño 2026

14/10/2025 10:22

É a primeira artista confirmada para neste festival que se celebrará o próximo mes de xuño en Santiago 

Os abonos poñeranse á venda o venres 17 de outubro ás 12 do mediodía


Carlos Beiró e Xoán Escudero, de Dogo

Carlos e Xoán, de Dogo: "Collemos todas as nosas influencias, pulímolas e 'doguizámolas'"

13/10/2025 15:04

Dogo combina elementos de shoegaze, post-punk e indie, creando atmosferas densas e melodías envolventes cantadas en galego

Despois de dous sinxelos ‘Revolución’ e ‘Fume’, agora presentan o seu novo traballo discográfico ‘Brutalismo’

Próximas datas: 17 de outubro en La Fábrica de Chocolate, Vigo, 14 de novembro en La Disfrutona, A Coruña

Categorías:  Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

Meu, Exeria en Sisóns e Sheila Patricia, nas músicas de 'Zigzag'

13/10/2025 14:54

A feira musical Sisóns Enclave Musical celébrase esta semana en Santiago

Meu, dende Parga, presentan o seu novo disco 'Creacción'

Sheila Patricia anuncia unha parada na súa carreira con 'A xeitosa'

Categorías:  Cultura   Música
Etiquetas:  ZIGZAG

A música clásica tamén é cousa de nenos

11/10/2025 15:02

O dúo Índigo interpreta O Entroido dos animais no Museo de Belas Artes da Coruña

O concerto forma parte do ciclo Noites na Cidade Vella, da Fundación Rogelia Groba

Publicidade
Publicidade