Música

Melody gaña o Benidorm Fest e representará a España no Festival de Eurovisión 2025
02/02/2025 09:15
Melody, coa canción "Esa diva", conseguiu 180 puntos: 70 do xurado profesional e a máxima puntuación do público, 80 puntos
O deste sábado era o segundo intento de Melody para ir a Eurovisión
O Festival de Eurovisión 2025 vaise celebrar en Suíza o 17 de maio

Deleiba: "A idea do disco é que hai cousas da realidade coas que non nos sentimos identificados"
31/01/2025 14:06
'Ao revés do mundo', producido por Iago Pico, é un álbum de punk rock melódico e elaborado
As letras das cancións fan un percorrido polos conflitos bélicos, a crítica político-social ou o amor pola terra
Próximos concertos: 7 de marzo na sala Sonar, Compostela, 14 de marzo na sala Filomatic, A Coruña

Vituco: "Pub rock para nós é facer música cara a cara"
30/01/2025 13:34
'Xabral', o décimo cuarto LP de Ruxe Ruxe, volve ao rock desde a militancia do pub, coma as bandas clásicas
'Pub Rock' é o primeiro sinxelo, un tema producido nos Gárate Sudios de Andoain e dirixido por Alberto Lora
Próxima datas do Pub Rock Tour: venres e sábado, Casa das Crechas; o día 15, na Fundaçon Artábria, e o día 22, na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro

Andrea e Marcela Porto: "A filosofía da Banda da Loba é que o estilo musical acompañe a mensaxe"
29/01/2025 14:29
Lovismo componse de 11 temas de estilos variados, desde bachata ata pop, pasando pola música disco
Lovismo preséntase este sábado, día 1, na Sala Capitol nunha festa con convidadas como De Vacas ou Tomé Mouriño

Morre John Sykes, guitarrista de Whitesnake e Thin Lizzy
21/01/2025 11:34
O músico británico, de 65 anos, padecía un cancro

A asociación Tocadoras Galegas realiza un mapeo das pandeireteiras de toda Galicia
19/01/2025 14:35
Queren localizar e rexistrar as tocadoras para visibilizar o seu labor

Lugo estrea o ansiado auditorio cun concerto de Ainhoa Arteta
20/12/2024 20:24
O auditorio leva o nome de Fuxan os Ventos por votación popular

David Guetta actuará en Santiago o 6 de xullo no Gozo Festival
20/12/2024 15:25
As entradas sairán á venda por 40 euros máis gastos de distribución o vindeiro luns 23 de decembro ás 10:00 horas

IGMIG: "Facémonos moita graza a nós mesmos, é a esencia da revolución"
20/12/2024 15:19
Igmig é un grupo ecléctico que mestura rock, punk, progresivo, electro ou techno
En 'Revolución' entregáronse á liberdade creativa sen ataduras con colaboracións de Menina Arroutada e Queen Rendi
A xira de presentación comeza o 1 de febreiro en Cambados. No concerto incorpórase o baterista e performer Lar Legido.

Margarida Mariño: "Inquiétanos moito o momento da transmutación no que pasas dun plano a outro"
20/12/2024 15:11
'Transmutation' é o proxecto de Margarida Mariño e Alex Allex que fusiona o cello coa música electrónica
As dez pezas deste traballo transitan por xéneros coma o ambient, o ritual e o neoclásico
O venres 27 de decembro, ás 19:30 h. actúan no auditorio do Concello de Vigo