Música
Eurovisión reduce a votación do público un 50 % para evitar polémicas
21/11/2025 11:39
Reduciranse de 20 a 10 os votos (por móbil, SMS ou en liña) que cada espectador poderá enviar e reinstaurarase o voto do xurado nas semifinais que pasará ademais de ter cinco membros por país a sete, e polo menos dous deles deberán ter entre 18 e 25 anos
21/11/2025 09:55
O festival PortAmérica terá lugar na Azucreira de Portas (Caldas de Reis) os días 9, 10 e 11 de xullo de 2026
Estas novas incorporacións súmanse ás xa anunciadas este luns: o solista Grande Amore, e os grupos Eladio y los Seres Queridos e The Rapants, todos eles de orixe galega
20/11/2025 21:00
Despois de 'Na casa deles', Son de Corda presenta 'Na casa delas', a segunda parte dun proxecto dedicado aos é ás poetas lucenses
Os vídeos están dedicados a poetas como Marica Campo, Olalla Cociña, Olga Novo, María Mariño, Xelas Arias ou Luz Pozo
Poderemos escoitalos o 23 de novembro en Castroverde, o 29 en Sarria e o 30 en Ribadeo
"Manhe" é o novo proxecto musical de Fransy González
20/11/2025 17:15
'Pequeniña', un videoclip dirixido por Alba Pose e Pablo Goluboff, tema con letra orixinal de Manuel de Eva, con arranxos de Pedro Lamas e coa voz de Fransy
Escoitámola moitas veces nestes trinta anos dedicada á música tradicional: investigadora, compiladora, fundadora de Xiradela, cantou e gravou discos con artistas como Carlos Núñez, Dulce Pontes, ou, nos últimos anos, con Davide Salvado
Agora chegou o tempo de 'Manhe', un traballo en solitario en que, iso si, vén acompañada de músicos como Pedro Lamas
A Real Filharmonía de Galicia toca en directo a banda sonora de Sing Sing
19/11/2025 21:00
Un dos episodios máis suxestivos do festival Cineuropa é a súa colaboración coa Real Filharmonía de Galicia, que adoita interpretar as bandas sonoras dun filme en directo
Ata esta edición optaban por clásicos do cinema mudo, pero este ano mudan o desafío para acompañar unha produción recente
Este xoves e o venres, a orquestra galega vai interpretar a música da película Sing Sing, composta Bryce Desner, tamén coñecido como guitarrista do grupo The National
Música galega da man da nosa colaboradora Sara Roca
19/11/2025 21:00
'A tarde ceiba', primeiro sinxelo do novo disco de Pantis
Saibran acaban de publicar 'Meu', avance do seu álbum de debut, que levará por nome 'Atardecer harmonioso con gotas de primavera', e que verá a luz o 5 de decembro
Tona, o novo proxecto musical de Miguel Cernadas, compoñente dos recentemente finados Terbutalina. O primeiro disco de Tona sae moi prontiño, o 2 de decembro, e estarán a presentalo o sábado 6 á hora do vermú na Foliada de Fonsagrada
Lori Meyers, Siloé e La La Love You, entre os protagonistas do primeiro cartel do Caudal Fest
19/11/2025 15:54
Os abonos para Caudal Fest 2026 estarán dispoñibles a partir do venres 21 de novembro ás 12:00h, nas canles oficiais do festival
Carme López guíanos por múltiples arquivos de recollidas e compilacións da música tradicional
17/11/2025 21:00
Os arquivos de audio e vídeo son de vital importancia no eido da nosa historia cultural, por iso hai algúns arquivos/repositorios dispoñibles en Internet que nos axudarán a buscalos e consultalos
Ialma, de xira por Galicia: 'Ialma 25 anos-Para Galegas Nós'
17/11/2025 21:00
As catro voces están acompañadas por tres músicos belgas e con artistas galegos convidados en cada concerto
Esta fin de semana estiveron no Pino, no centro sociocultural Luis Seoane, e Vimianzo
Quedan aínda dous concertos máis, un na Casa de Rosalía e outro en Carballo
Outono Códax Festival celebra 15 anos de historia con multitude de propostas musicais
14/11/2025 21:00
Hai 15 anos tres colegas amantes da música decidiron montar un festival
Outono Códax é unha cita ineludible en Santiago para facer descubrimentos sonoros e gozar con grandes estrelas do panorama galego, nacional e internacional
Os concertos, repártense nos escenarios do Riquela Club e a Sala Capitol que, por certo, neste 2025 celebra o seu 90 aniversario