Música
Falece o músico e compositor galego Piti Sanz
23/05/2025 15:35
Tiña cinco premios Mestre Mateo
A Asociación de Actores lamentou o pasamento dun artista "de referencia no panorama galego e actor cunha estreita vinculación co teatro galego"
23/05/2025 14:58
'Metamorfose' é a segunda parte dunha triloxía que Peitoescuro publicará este ano e que comezara con 'Alvorada'
Os temas de Peitoescuro están ligados coa natureza, cunha gran carga poética e desde a mestizaxe das súas orixes
Próxima data da xira: o sábado 6 de xuño no Festival Millo Verde na praia de Cesantas en Redondela
23/05/2025 14:40
Como creador de bandas sonoras gañou catro premios Mestre Mateo e no teatro conseguía tres galardóns María Casares á mellor música orixinal
Foi cofundador do grupo Sindikato Agrario e Los Contentos, e tocou con bandas míticas como Los Enemigos, Siniestro Total e Os Resentidos
Piti Sanz nacera en Huelva, pero foi en Lugo onde se criou e onde se iniciou no rock
Os concertos do Xacobeo traerán a Galicia 700 eventos musicais este 2025
22/05/2025 14:42
O presidente da Xunta dixo na presentación dos concertos en Madrid que son un símbolo do modelo turístico e cultural de Galicia
Alfonso Rueda comprometeu o apoio da Xunta aos festivais e pediulle ao Goberno central que active as exencións fiscais para as empresas colaboradoras co Xacobeo
Varias bandas cancelan a súa actuación no Resurrection Fest tras a súa vinculación con KKR
21/05/2025 18:44
A vinculación do festival co fondo KKR, investidor en territorios ocupados por Israel, desata a polémica e provoca cancelacións
Gigatron e Crossed abandonan o Resurrection Fest por "coherencia política e apoio a Palestina"
O Resurrection Fest xa emitiu un comunicado condenando o masacre contra o pobo palestino e mostrando a súa solidariedade, pero indicando que o festival "non financia ningunha guerra"
Dogo, Arrhythmia e Hugo Guezeta con Guadi Galego, nas músicas de Marta Gómez
19/05/2025 14:35
Arrhythmia presenta 'Amnesia', o sinxelo que presenta o seu agardado cuarto disco
Dogo, unha nova banda compostelá influenciada pola música alternativa dos 90
As voces de Hugo Guezeta e Guadi Galego converxen en 'Equilibrar'
Icía Varela: "Sen o legado das cantareiras non saberiamos onde estaría agora o galego"
19/05/2025 14:27
Icía Varela naceu en Malpica, estudou Canto lírico no Conservatorio de Coruña e é profesora de baile e pandeireta
Formou parte da banda de folk pop 'Arredores' e das agrupacións A. C. Raigañas ou Xacarandaina
Escribiu xunto seu pai Xosé Manuel Varela 'Cantareiras', editado por Xerais
A Escola de Gaitas de Ortigueira celebra o seu 50 aniversario
17/05/2025 20:11
Fundouna o mestre e gaiteiro Xabier Garrote en novembro de 1975
A banda da Escola de Ortigueira é a decana das bandas de gaitas galegas
Intérpretes de distintas xeracións que pasaron pola escola tocarán xuntos no Festival do Mundo Celta de Ortigueira
Laura Tova: "É bonito saber que as avoas se relacionaban coas amigas da mesma forma que nós"
16/05/2025 13:41
Hoxe entrégase o agasallo 'Foliada' das Letras Galegas, que inclúe o traballo de ilustradoras como Laura Tova, Iria Fafián, Laura Mahía e María Montes
É un proxecto artístico que combina literatura, música e ilustración. Consta dunha edición especial de cinco láminas, recollidas nunha caixa deseñada a modo de vinilo musical.
Cada lámina inclúe versos de coplas populares e a interpretación artística, ofrecendo unha visión contemporánea destas composicións tradicionais
Mondra: "Entendo a tradición como eternidade, tal e como dicía Castelao"
16/05/2025 13:29
O seu primeiro disco, Ardén, baseábanse en melodías de composición e tamén de arquivos de informantes como Dolores no Bierzo
Entende a súa música como reapropiación, facendo súas as melodías das cantareiras
O seu segundo disco, 'De ronda' é un álbum persoal e irreverente, “para seducir ou ser seducido”