Música
A Real Filharmonía de Galicia toca en directo a banda sonora de Sing Sing
19/11/2025 21:00
Un dos episodios máis suxestivos do festival Cineuropa é a súa colaboración coa Real Filharmonía de Galicia, que adoita interpretar as bandas sonoras dun filme en directo
Ata esta edición optaban por clásicos do cinema mudo, pero este ano mudan o desafío para acompañar unha produción recente
Este xoves e o venres, a orquestra galega vai interpretar a música da película Sing Sing, composta Bryce Desner, tamén coñecido como guitarrista do grupo The National
Música galega da man da nosa colaboradora Sara Roca
19/11/2025 21:00
'A tarde ceiba', primeiro sinxelo do novo disco de Pantis
Saibran acaban de publicar 'Meu', avance do seu álbum de debut, que levará por nome 'Atardecer harmonioso con gotas de primavera', e que verá a luz o 5 de decembro
Tona, o novo proxecto musical de Miguel Cernadas, compoñente dos recentemente finados Terbutalina. O primeiro disco de Tona sae moi prontiño, o 2 de decembro, e estarán a presentalo o sábado 6 á hora do vermú na Foliada de Fonsagrada
Lori Meyers, Siloé e La La Love You, entre os protagonistas do primeiro cartel do Caudal Fest
19/11/2025 15:54
Os abonos para Caudal Fest 2026 estarán dispoñibles a partir do venres 21 de novembro ás 12:00h, nas canles oficiais do festival
Carme López guíanos por múltiples arquivos de recollidas e compilacións da música tradicional
17/11/2025 21:00
Os arquivos de audio e vídeo son de vital importancia no eido da nosa historia cultural, por iso hai algúns arquivos/repositorios dispoñibles en Internet que nos axudarán a buscalos e consultalos
Ialma, de xira por Galicia: 'Ialma 25 anos-Para Galegas Nós'
17/11/2025 21:00
As catro voces están acompañadas por tres músicos belgas e con artistas galegos convidados en cada concerto
Esta fin de semana estiveron no Pino, no centro sociocultural Luis Seoane, e Vimianzo
Quedan aínda dous concertos máis, un na Casa de Rosalía e outro en Carballo
Outono Códax Festival celebra 15 anos de historia con multitude de propostas musicais
14/11/2025 21:00
Hai 15 anos tres colegas amantes da música decidiron montar un festival
Outono Códax é unha cita ineludible en Santiago para facer descubrimentos sonoros e gozar con grandes estrelas do panorama galego, nacional e internacional
Os concertos, repártense nos escenarios do Riquela Club e a Sala Capitol que, por certo, neste 2025 celebra o seu 90 aniversario
A pianista compostelá Isabel Dobarro, gañadora do Latin Grammy a Mellor Álbum de Música Clásica
14/11/2025 11:51
A pianista alzouse co premio polo seu traballo 'Kaleidoscope', en que reúne pezas de compositoras como a tamén galega Carme Rodríguez
Os Grammy Latinos enxalzan a Bad Bunny e Karol G e sorprenden cun premio a Alejandro Sanz
14/11/2025 08:08
O portorriqueño empata cos arxentinos Ca7riel & Paco Amoroso con cinco galardóns e a colombiana leva o galardón á canción do ano
A actuación de Raphael puxo en pé o teatro e Aitana acada o primeiro gramófono da súa carreira
A pianista compostelá Isabel Dobarro, gañadora do Latin Grammy a Mellor Álbum de Música Clásica
Acouga presenta e despide 'Ámbar', "o álbum que non foi"
13/11/2025 16:01
O 21 de novembro a banda de posthardcore ofrece un concerto en Santiago para pasar páxina dun traballo que non chegou a publicarse pero que interpretaron durante dous anos enriba dos escenarios
O compositor Sergio Moure lévanos á súa infancia coa 'Sinfonía Bergantiños'
11/11/2025 21:00
'Sinfonía Bergantiños' presentouse hai uns días en Santiago, pero xa podemos escoitala nas plataformas dixitais ou en formato CD
Esta é dalgún xeito a banda sonora da infancia do compositor Sergio Moure arredor das terras de Bergantiños e Carballo
A Orquestra Gaos está acompañada de instrumentos tradicionais, incluíndo gaitas percusión e un grupo de vinte cantareiras