Humanidades

Visitamos a exposición 'Un país ilustrado, as cubertas de Galaxia', 75 anos de supervivencia, historia e literatura

18/02/2026 21:00

A exposición fai un percorrido que vai desde a loita dos galeguistas na clandestinidade ata hoxe en día

A editorial Galaxia fixo posible unha Galicia ilustrada deixando no país un legado de literatura e pensamento en galego

'Un país ilustrado, as cubertas de Galaxia' pode visitarse, no Museo Marco de Vigo, ata o 17 de maio​


Agar Ledo preséntanos a exposición ‘O arquivo de Barro’, sobre o traballo de Pepe Barro

16/02/2026 21:00

A exposición reúne máis de 50 anos de traballo reunidos en debuxos, carteis, cadernos, identidades visuais, material editorial e procesos

O traballo de Pepe Barro mostra un interese constante por como representar visualmente unha cultura sen caer no folclorismo nin na copia literal da tradición

‘O arquivo de Barro’ pode consultarse tamén en formato dixital, ampliando o acceso ao coñecemento

Categorías:  Cultura   Humanidades

Sae á luz o que podería ser o primeiro vídeo en que se ve a Gaudí

15/02/2026 12:15

As imaxes son dunha voda de 1922 onde un home con barba branca podería ser o arquitecto


Agar Ledo: "A exposición Wonderland é a mostra máis ampla de Annie Leibovitz"

19/01/2026 21:00

Annie Leibovitz comeza nos anos 70 en Rolling Stone para documentar a contracultura, o rock e a política desde dentro

É  a retrospectiva máis ampla da artista con máis de 1.000 fotografías que se poden visitar na Fundación MOP da Coruña
 

 

 

Categorías:  Humanidades

Francisco Prado: "Recuperamos dúas das grandes obras mestras da escultura europea"

18/12/2025 20:15

Xeremías e Ezequiel regresaron a Compostela despois de seren espoliadas polos Franco e tras unha intensa loita xudicial

As esculturas, que foran ideadas para a fachada exterior do Pórtico da Gloria, permaneceron 70 anos en posesión da familia Franco

Un dos implicados en todo este proceso foi o profesor e investigador Francisco Prado-Vilar, como membro do CISPAC, da Comisión de Recuperación das esculturas ou como director científico do KOSMOTECH

Categorías:  Humanidades

Descobren que a Casa Torre de Escuredo do Grove é obra do arquitecto Jenaro de la Fuente

16/12/2025 14:06

Expertos e veciños agardan que o achado permita dotar a vivenda de protección

O prestixioso arquitecto modernista asinou entre as súas obras o Hotel-Balneario de Mondariz ou o Pazo de Lourizán


Fotos que transforman unha dor inmensa nun canto ao amor

13/12/2025 11:30

Transformar unha dor inmensa nun canto ao amor. Así define Adrián Pita o proceso que o levou a fotografar a súa nai enferma de cancro. 

Milleiros de retratos que fixo hai dez anos pero que agora foi capaz de sacar á luz para construír unha exposición profundamente humana 
 


Adrián Pita transforma a dor nun canto ao amor con cada fotografía que lle fixo a súa nai enferma de cancro

10/12/2025 21:00

Adrián Pita fotografou a súa nai enferma de cancro para transformar así a súa dor inmensa nun canto ao amor

Milleiros de retratos que fixo hai dez anos, pero que agora foi capaz de sacar á luz para construír unha exposición profundamente humana

 Autor das fotos da exposición 'Berta', que poderá verse en STO LAT na Coruña ata o próximo 20 de decembro

Categorías:  Humanidades

Ángeles Tilve: "O reto é grande e coñecido por min. É un museo complexo, pero, por sorte, temos unhas coleccións amplísimas"

06/12/2025 12:00

Ángeles Tilve chega á dirección do Museo de Pontevedra tras un concurso público e dous anos de dirección provisional

A próxima primavera, o museo recibirá 'A derradeira lección do mestre', de Castelao

O Museo de Pontevedra tamén exporá os profetas recuperados do Pórtico da Gloria


Descubrindo o patrimonio invisible de Santiago de Compostela

05/12/2025 21:00

Este ano, coincidindo co corenta aniversario da declaración de Santiago de Compostela Cidade Patrimonio da Humanidade, a Semana do Patrimonio Invisible celebrou a súa sétima edición

Dende o luns e ata este venres tiveron un obxectivo claro: descubrille ao público moitos lugares habitualmente pechados, cheos de xoias culturais. Entre elas, a Casa da Parra. Con eles compartimos esta visita...
 

Categorías:  Humanidades
Publicidade
Publicidade