Humanidades

Visitamos a exposición ‘Facedoras de Lugo’, o último proxecto da fotógrafa Mar Caldas

12/03/2026 21:00

Nove retratos de gandeiras, apicultoras e queixeiras nas súas vizosas paisaxes levan a dignidade do seu traballo ao Museo de Lugo

Mar Caldas retratou antes as mulleres de Bueu e do Baixo Miño, todas elas referenciadas con recoñecidas pinturas da arte universal

A fotógrafa acode aos modos da arte clásica para mostrar a dignidade dunhas labregas que rompen cos estereotipos

 


Óscar Corral fala da fotografía da dina de Valencia coa que gañou o Premio Rei de España de Xornalismo

09/03/2026 21:00

A foto gañadora, que foi tomada no municipio de Alfafar, lembra a tomada por Joe Rosenthal na illa de Iwo Jima en 1944

A fotografía, tomada durante os días da dina, gañou tamén o Premio Ortega e Gasset de fotografía de 2025

Desde 2009, Corral traballa como fotógrafo do diario El País en Galicia, compaxinándoo con coberturas nacionais e internacionais


Laura Rodríguez e María Fe González falan de ‘Tortura branca’, obra de Narges Mohammadi

07/03/2026 12:00

'Tortura branca' recolle as entrevistas da Nobel da Paz a mulleres encarcerada en Irán

A editorial, Hércules, leva tempo achegándonos a voz de mulleres silenciadas en todo o mundo a través da súa ‘Colección Púrpura’

Narges Mohammadi volveu ser detida e condenada a sete anos e medio de prisión o pasado mes de febreiro


Javier Teniente propón unha viaxe visual por aldeas que van quedando sen vida en 'Trás-os-Montes'

03/03/2026 21:00

'Trás-os-Montes', de Solar de Edicións, é o resultados das viaxes do fotógrafo pola zona do noreste de Portugal, na raia con Galicia

O fotógrafo captura coa súa camara o abandono, a soidade dos lugares e retrata os poucos habitantes que aínda quedan

No libro coñeceremos o último habitante de Deva, en Cervantes, ou a Matías López, un pastor que vive só na aldea de Motos, en Guadalaxara


Percorremos con Agar Ledo 35 anos do traballo de David Chipperfield e os seus deseños

03/03/2026 21:00

‘Deseño para vivir’ é unha reflexión sobre como o deseño pode mellorar a vida, o territorio e a colaboración con empresas innovadoras galegas

Para Chipperfield, o deseño debe responder ao contexto histórico e á experiencia do usuario, evitando o superfluo e favorecendo materiais de calidade

A exposición pode visitarse en Casa RIA, en Santiago, ata xuño deste 2026

 


Falamos con Kathleen March logo de recibir a Medalla de Honra do Consello da Cultura Galega

25/02/2026 21:00

Boa parte da carreira da filóloga estadounidense está dedicada á tradución, difusión e análise crítica da literatura galega

Kathleen March: “Hoxe en día falar unha lingua que non sexa inglés pola rúa nos Estados Unidos pode chegar a ser perigoso. É necesaria máis diplomacia cutural e lingüística”

March foi a impulsora do proxecto Seara, un espazo web que ofrece en galego e en inglés unha escolma da literatura galega


Visitamos no CGAC ‘Internalities’, unha oportunidade de coñecer os proxectos de arquitectos emerxentes

24/02/2026 21:00

A mostra, que representou a España na última bienal de Venecia, está comisariada por dous arquitectos galegos, Roi Salgueiro e Manuel Bouzas

A exposición 'Internalities' no CGAC aposta por arquitecturas para un equilibrio territorial

Esta proposta expositiva de ‘Internalities’ pode visitarse no CGAC ata o 3 de maio


O 'ZigZag' visita a casa de Rosalía de Castro en Padrón con Anxo Angueira e o cantante Manoele de Felisa

23/02/2026 21:00

A Fundación Rosalía de Castro celebra o día da escritora coa degustación do Caldo de Gloria e a 'Alborada'

O cantante Manoele de Felisa está a piques de sacar un disco homenaxe á nosa escritora e poeta máis internacional cunha versión da súa célebre 'Alborada'

A portada do novo disco de Manoele,'De Felisa a Rosalía', está ilustrada pola pintora Amalia López Brea


Fundación MOP vía Europa Press

A deseñadora de moda Anna Sui dará unha charla na Fundación MOP na Coruña

23/02/2026 13:14

As entradas gratuítas e limitadas a unha por persoa estarán dispoñibles a través da páxina web da Fundación MOP a partir deste martes


Xunta de Galicia

Galicia recibe as esculturas de Carboeiro, coas que regresa "un anaco esencial do seu legado medieval"

20/02/2026 12:53

O conselleiro de Cultura eloxiou o proceso "realmente sinxelo" para lograr este paso e agradeceu a colaboración do Concello de Barcelona e do Museo Marés, que custodiaba as pezas

Polo de agora quedarán expostas no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, coa vista posta no seu retorno á súa localización orixinal

Segundo o investigador Francisco Prado-Vilar, "son fundamentais porque pertencen á contorna do taller do Mestre Mateo"

Publicidade
Publicidade