Mar
O presidente de Conxemar pide unha "fiscalidade saudable" para o sector
03/10/2023 10:03
Eloy García advirte das dificultades que atravesa o sector do conxelado pola inflación, a parada do consumo e o aumento dos custos financeiros e reclama unha rebaixa do IVE para os produtos pesqueiros
Nunha entrevista na Radio Galega, Eloy García insiste en que Conxemar precisa unha ampliación das instalacións de IFEVI para que ningunha empresa quede fóra da feira por falta de espazo. Advirte que se non se amplía, procurarán outro lugar.
A sostibilidade, a debate en Vigo no congreso da FAO-Conxemar
02/10/2023 14:26
O sector aborda tamén o descenso no consumo de peixe fresco
Comeza o libre marisqueo en Arousa co banco dos Lombos pechado
02/10/2023 14:10
Os rañeiros non teñen boas expectativas e dan por feito que a campaña rematará en decembro
O berberecho dos Lombos non dá a medida comercial e temen que morra no inverno
A Xunta teme que Bruxelas queira limitar agora a pesca de arrastre
29/09/2023 16:41
O conselleiro do Mar, que presidiu por vez primeira o Consello Galego de Pesca, comprometeuse coa defensa dun sector, dixo, que xera moito emprego
Embargan parcialmente as contas da armadora do Sin Querer 2, naufragado en 2018
28/09/2023 16:11
Un xulgado de Pontevedra condena á empresa propietaria do pesqueiro e á comercializadora e ordena o embargo para pagar as débedas coas familias das catro vítimas e cos superviventes
Conservas Cerqueira inaugura a súa nova fábrica en Rianxo
26/09/2023 18:52
Supuxo un investimento de 28 millóns de euros
Diego Calvo salienta a aposta por novas tecnoloxías respectuosas co medio ambiente
O Ministerio pide que non se demonice ningunha arte de pesca, tampouco as de arrastre
26/09/2023 09:39
A directora xeral de Pesca Sostible do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Mónica Corrales, mostrouse satisfeita das conclusións da última reunión da NAFO en Vigo e asegurou que a recuperación dos caladoiros de bacallau do Atlántico Norte é unha realidade
A frota galega poderá pescar o dobre de bacallau o ano que vén en augas da NAFO
22/09/2023 14:28
Tamén aumenta o 56 % a cota de escarapote e mantense a do fletán
Incáutanse de 3.250 quilos de xurelo en Camariñas por exceso de capturas
21/09/2023 10:02
Atoparon abandonados no cantil 1.245 quilos doutra embarcación que non puido ser identificada
A alza do prezo do aceite de oliva deixa as conserveiras en apuros
20/09/2023 14:21
O sector busca novas alternativas para evitar outra suba dos prezos
As conservas xa incrementaron o seu prezo un 15 % e o consumo caeu un 10 %