Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fútbol

O xuíz imputa a Joan Laporta un delito de suborno no caso Negreira

18/10/2023 11:07

O maxistrado aplica unha nova interpretación no cálculo da prescrición para argumentar a súa decisión

É o terceiro presidente investigado, xunto con Sandro Rosell e Josep Maria Bartomeu

Categorías:  Deportes   Fútbol

Suspendido o Bélxica-Suecia polo asasinato de dous seareiros suecos

16/10/2023 22:30

O partido, correspondente á fase de clasificación para a Eurocopa, adiouse no descanso cando o equipo visitante tivo coñecemento do acontecido

Categorías:  Deportes   Fútbol

España gaña en Noruega e clasifícase para a Eurocopa

15/10/2023 23:37

Chegou cun solitario gol de Gavi na primeira xogada do segundo tempo

Categorías:  Deportes   Fútbol

Vero Boquete: "O problema está na raíz, e segue aí"

13/10/2023 20:42

A futbolista galega falou da situación do fútbol feminino tras o caso Rubiales

Vero Boquete pensa que se deron os cambios máis urxentes pero que cómpre unha aposta decidida con vistas ao futuro


Pasarón acollerá o partido entre España e Italia da Liga das Nacións feminina

13/10/2023 19:10

Será o terceiro partido oficial das campioas do mundo no camiño cara aos Xogos de París e disputarase o 1 de decembro

Categorías:  Deportes   Fútbol

O ex-xogador do Lugo Alfonso Pedraza incorpórase á selección

13/10/2023 15:21

Foi chamado polo adestrador logo de confirmarse a lesión de Balde

Categorías:  Deportes   Fútbol

Paso de xigante de España na clasificación para a Eurocopa (2-0)

12/10/2023 22:04

Morata marcou no 74 o gol que abriu o camiño da vitoria

Adiantárase Escocia nunha falta de McTominay con gol anulado polo colexiado tras consultar o vídeo

Joselu entrou no 84 e fabricou a xogada do segundo tanto

Categorías:  Deportes   Fútbol

Jorge Vilda cruza o estreito e dirixirá a selección de Marrocos

12/10/2023 20:52

A Federación de Fútbol de Marrocos anunciou este xoves a contratación do exseleccionador español
Categorías:  Deportes   Fútbol
Etiquetas:  JORGE VILDA

España busca unha vitoria diante de Escocia que abra a porta da Eurocopa de 2024

11/10/2023 20:55

O equipo español perdeu en Glasgow por 2-0 diante do equipo que marcha como líder sólido do grupo de clasificación

Categorías:  Deportes   Fútbol

O exseleccionador Jorge Vilda, á súa chegada a Audiencia Nacional (EFE/ Javier Lizón)

O exseleccionador Jorge Vilda nega que coaccionase a Jenni Hermoso

10/10/2023 12:38

O exseleccionador de fútbol feminino e o director de Márketing da Federación Española de Fútbol, Rubén Rivera, negaron ante o xuíz que coaccionasen a futbolista para que dixese que o bico de Rubaies fora consentido

Vilda negou que recibise instrucións ou que lle metese presión ao irmán da xogadora, aínda que si que recoñeceu que se achegou para falar con el no avión de volta do Mundial

Publicidade
Publicidade