Celta

Máis de 3.000 seareiros acoden ao adestramento de portas abertas en Balaídos
17/04/2025 15:15
Starfelt e Jones adestran á marxe. Jailson non participa no partidiño.
Claudio: "Demostramos que lle podemos facer dano ao Barça"
Os xogadores asinaron autógrafos á rapazada

O Utrecht exerce a opción de compra sobre o redondelán Miguel Rodríguez
15/04/2025 22:15
O Celta mantén o 50 % do pase dun xogador que seguirá na Eredivisie ata 2028

O Celta prepara o encontro ante o Barcelona sen Starfelt
15/04/2025 14:20
O conxunto vigués xa pensa no encontro do sábado, ás 16:15, ante o líder
Starfelt causa baixa entre 10 e 15 días por unha elongación no bíceps femoral dereito
Yoel Lago súmase aos adestramentos e pode ser unha posibilidade para suplir o central sueco

O Celta Fortuna remonta en Segovia (1-3) para sumar a cuarta vitoria consecutiva
13/04/2025 19:36
Os goles de Sergio Dïez, Gael Alonso e Escobar deixan o filial a tiro dos postos de promoción de ascenso

O Celta perde co Español (0-2) e complica as opcións europeas
12/04/2025 17:25
Decidiron dous goles de Roberto nun partido en que os vigueses non estiveron atinados de cara ao gol
Primeira derrota en Balaídos desde o mes de xaneiro, que acaba coa serie de 8 xornadas invictos

Balaídos prepara unha festa contra o Español para iniciar o asalto a Europa
11/04/2025 21:16
Este sábado (18:30 horas) o Celta comeza as últimas oito xornadas do campionato coa permanencia amarrada e a ilusión do regreso europeo

"Orgullosos do camiño, gocemos do presente. E soñar?" O lema da afección que fai seu Claudio
11/04/2025 15:00
O adestrador do Celta insiste antes de recibir o Español en que esixirse máis sería "equivocado e inxusto"

Marcos Alonso: "Sentimos unha comuñón bonita coa afección que está a ser importante"
10/04/2025 15:55
O defensa destaca a ambición e determinación do equipo, que debe "seguir por este camiño"

Borja Iglesias tivo a retirada na cabeza: "Penseino, estaba saturado"
10/04/2025 11:59
En 48 horas o Celta recibe o Español, a entidade que elevou a Borja Iglesia

Aspas asume o seu novo rol: "Non son parvo, póñome no lugar do míster"
09/04/2025 15:58
Di o capitán do Celta que esta temporada poden "facer algo grande"