Letras

Rueda reivindica o galego como "vínculo de unión" e destaca a "harmonía" do bilingüismo

17/05/2024 14:10

"O noso idioma é o fogar de todos os galegos, un fogar amplo, acolledor, que non pertence a ninguén ou, máis ben, pertence a todas e todos, a todo un pobo que o ama, deféndeo e cultívao", dixo o presidente da Xunta no acto celebrado polo Goberno galego no Teatro Colón da Coruña en homenaxe a Luísa Villalta


Queremos Galego clama nas rúas contra a situación "de emerxencia" do idioma

17/05/2024 14:00

Desde a plataforma de defensa da lingua galega reclaman o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Linguística, aprobado hai 20 anos


Valentín García: "A lingua galega ten unha delicada saúde de ferro"

17/05/2024 10:06

O secretario xeral da lingua asegura que o sistema educativo garante o coñecemento do idioma

Valentín García cre que a perda de falantes entre a xente moza débese a que non usan o galego para socializar


Luísa Villalta pintando versos (Arquivo de Blanca Silva vía RAG)

O Día das Letras celebra a voz poética e musical de Luísa Villalta

16/05/2024 21:30

A autora coruñesa (1957-2004) foi unha das voces poéticas máis destacadas da Galicia de finais de século, e tamén escribiu teatro, narrativa e ensaio

Podes seguir en directo en g24.gal o acto institucional da Xunta de Galicia (11:00 horas) e a sesión solemne da Real Academia Galega (12:30 horas) previstos para hoxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña


A constelación literaria de Luísa Villalta

16/05/2024 16:19

Ademais de poesía e teatro, Luísa Villalta practicou con fortuna moitos outros xéneros como o conto

Un dos seus libros póstumos, Papagaio, é o resultado dunha colaboración coa fotógrafa Maribel Longueira sobre o tema da prostitución na Coruña

Deixou tamén un feixe de obra espallada por iniciativas literarias, solidarias e escritos máis íntimos como o Calendario Literario Portugués 

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Luísa Villalta, compromiso e cidade

15/05/2024 13:31

Militaba no nacionalismo galego, era membro activo da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Mesa Pola Normalización Lingüística

No poemario En Concreto disecciona e canta a súa cidade, Villalta, a cidade alta, unha Coruña nunca nomeada

En Santiago dez días antes de morrer defende unha Palestina hoxe masacrada na presentación de Intifada

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Foto de arquivo de Alice Munro (George Waldman / Zuma Press vía Europa Press).

A escritora canadense Alice Munro, Nobel de Literatura en 2013, falece aos 92 anos

15/05/2024 10:01

A autora estaba considerada unha mestra do relato curto

O cineasta Pedro Almodóvar baseose no seu libro Runaway para o guión do filme Julieta


Carlos Negro: "Para min foi un descubrimento a narrativa de Luísa Villalta"

14/05/2024 14:49

Villalta constrúe a súa narrativa como un artificio en Narrativa reunida 1991-2001

As chaves do tempo, a incursión de Villalta na literatura artúrica 

Un ruído provocador, voces arredor de Luísa Villalta, para conceptualizar a obra de Luísa Villalta

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

Patricia Torrado Queiruga: "As mulleres sempre seremos campo de batalla"

13/05/2024 16:04

Ouveos fractais é un libro dedicado a todas as sen voz, as mulleres e a todos os que ouvean canda elas

As imposicións de xénero, a violencia contra as mulleres, o silencio ou a frustración están nos versos do poemario 

Participan con ilustracións e fotos: Diana Fajardo, Adolfina Mesa, Viki Rivadulla, Emma Pedreira, Andrea F. Maneiro e Paola García

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG

As escritoras copan os premios literarios Follas Novas

13/05/2024 15:00

As mulleres son maioría nos premios Follas Novas que repasan o labor editorial do ano pasado

Entre as premiadas Susana Sánchez Arins, Andrea Maceiras, Leticia Barbadillo ou Andrea Nunes Briòns

Os premios honoríficos foron para Francisco Porrúa e Joseba Sarrionandia, Sarri

Categorías:  Galicia   Letras
Etiquetas:  ZIGZAG
Publicidade
Publicidade