Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven os bonos para incentivar as compras no comercio local

Volven os bonos para incentivar as compras no comercio local

Porase en marcha nas próximas semanas e estará operativo ata o 15 de decembro

Os descontos van dos 5 aos 15 euros por compra en función da contía do que merquemos

O ano pasado beneficiáronse desta campaña máis de 230.000 consumidores

G24.gal 15/09/2022 14:52

Impulsar as vendas no comercio local é o principal obxectivo desta iniciativa en que o ano pasado participaron preto de 6.000 negocios. 

O bono poderá decargase no teléfono móbil e permitirá descontos de 5, 10 ou 15 euros en cada compra dependendo da contía daquilo que se merque ata esgotar o saldo de 30 euros.

Poderá usarse ata o 15 de decembro nas compras que se realicen no comercio local porque o obxectivo é dinamizar as vendas no comercio de proximidade. O ano pasado beneficiáronse del máis de 230.000 persoas.

A zapataría de Sandra foi un dos preto de 6.000 negocios que ano pasado participaron na campaña do Bono Activa Comercio. "Encantada porque o calzado bo non é barato e a xente animouse bastante" É unha axuda importante para a xente a para nós tamén", asegura.

Unha axuda tanto para o consumidor como para o comerciante nun momento económico complexo.

Tan só hai que descargar o bono e poderase acceder a descontos que van dende os 5 euros para compras de entre 20 e 30, de 10 se gastamos entre 30 a 50 euros e de 15 para as que suban desa contía ata esgotar o saldo. Poderá gastarse ata o 15 de decembro.

A Xunta conta con mobilizar máis de 17 millóns de euros a través de compras no comercio de proximidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar