Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vivendas de promoción pública en edificios rehabilitados de Lugo

Vivendas de promoción pública en edificios rehabilitados de Lugo

Recuperación urbanística e social de barrios históricos

Entrega de chaves a 4 mozos menores de 35 anos

G24.gal 10/01/2022 14:37

Son as chaves da emancipación, as chaves de novos proxectos de vida para catro mozos menores de 35 anos que acaban de conseguir catro das vivendas de promoción pública que a Xunta rehabilitou no barrio lugués da Tinería.

Un dos mozos que conseguiu unha vivenda chámase Ángel e ten 35 anos. El sinala que vivía na casa familiar e que agora esta é unha grande oportunidade para el. Adxudicáronlle unha vivenda de tres andares e 110 metros cadrados habitables.

Trátase de vivendas de promoción pública que buscan dinamizar os centros históricos a través da rehabilitación e de axudas directas que fan estas zonas máis atractivas para vivir. Os beneficiarios pagan alugueiros que van dos 96 aos 241 euros, dependendo das características de cada inmoble.

No primeiro trimestre de ano agardan adxudicar seis novas vivendas mentres continúa a rehabilitación doutros edificios dentro do programa Rexurbe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade