Publicador de contidos

Publicador de contidos

Visións diverxentes desde o PSOE e o PP sobre a situación política de España

Visións diverxentes desde o PSOE e o PP sobre a situación política de España

Eva Granados insiste en que este Goberno é o do "diálogo e a negociación", mentres Núñez Feijóo criticaba en Navarra os pactos de Sánchez con Bildu

G24.gal 04/12/2022 14:54 Última actualización 04/12/2022 15:18

En clave política, a voceira do PSOE no Senado, Eva Granados, dirixíase ao líder do PP para dicirlle que non hai ruptura de España e que os Presupostos do Estado son o froito da negociación de once forzas políticas:

"Mire, señor Feijóo, España nin afunde nin rompe. España está avanzando, España está repartindo a crise de maneira que os que más teñen máis acheguen e por iso aprobamos impostos á banca, ás eléctricas e aos grandes patrimonios e por iso aprobamos os presupostos xerais do Estado a partir do diálogo".

Desde Navarra, o propio Núñez Feijóo cualificaba como "humillación" o pacto de Pedro Sánchez con Bildu referido á memoria histórica e tamén ao "principio da expulsión da Garda Civil" deste territorio:

"Concedendo a Bildu o papel de redactores da lei de Memoria Democrática para que sexa o relato de Bildu o que reescriba a transición é unha humillación a Navarra e ao conxunto de España. Espero que nunca se lles ocorra dicir que a ETA non era unha banda terrorista, senón que era unha ONG".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade