Publicador de contidos

Publicador de contidos

Capóns de ata 140 euros na tradicional feira de Vilalba

Capóns de ata 140 euros na tradicional feira de Vilalba

Vendéronse 1.100 exemplares e todos superaron os cinco quilos de peso

G24.gal 21/12/2022 13:11

Por riba de 1.000 capóns e cun peso mínimo de cinco quilos venderon este ano os criadores de Vilalba. Unha cifra de animais que puido ser moito máis elevada porque a demanda disparouse a pesar da crise e da inflación.

O prezo dos capóns subiu este ano e os mellores exemplares acadaron os 140 euros. A media roldou os 110. A maior parte dos animais están vendidos con moita antelación e os criadores recomendan, para o ano, facer as reservas canto antes.

A feira leva celebrándose dende o ano 1853. Nesta edición volvéronse entregar premios ao mellor exemplar, á mellor parella e aos mellores criadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade