Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños dos Mallos, na Coruña, din que as liortas e incendios non son feitos puntuais e piden medidas

Veciños dos Mallos, na Coruña, din que as liortas e incendios non son feitos puntuais e piden medidas

Xa se produciron tres incendios en menos de 48 horas

O delegado do Goberno di que reforzaron a presenza policial e estudan novas medidas

Edifcio no barrio dos Mallos en que se rexistraron dous incendios
Marta González Salve 03/12/2021 13:51

Manchas de sangue, lanzamento de obxectos e estragos. Son imaxes do interior do piso situado no quinto andar do edificio da rúa Noia, no barrio dos Mallos, no que pouco despois se producía un novo incendio.

O Concello recoñece que a situación se complica e solicita o apoio da Delegación de Goberno, que esta mesma mañá aseguraba que se están a manter reunións para adoptar medidas que poñan solución ao que consideran é un feito puntual.

Os veciños piden que se reforce a presenza policial para evitar liortas e imaxes vividas nas últimas semanas.

Temen que se produzan novos episodios de violencia nas próximas horas e din que incluso temen polas súas vidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade