Publicador de contidos

Publicador de contidos

Varios tornados arrasaron o sur dos Estados Unidos e levaron por diante casas, negocios e escolas

Varios tornados arrasaron o sur dos Estados Unidos e levaron por diante casas, negocios e escolas

Calcúlase que foron entre 25 e 30 tornados de diferente magnitude os que atravesaron o estado de Texas

G24.gal 23/03/2022 08:47

Os potentes tornados arrasaron con todo o que atoparon ao seu paso. Tormentas eléctricas e ventos que superaron os 200 quilómetros hora estragaron vivendas, negocios e mesmo algunhas escolas.

Hai polo menos unha persoa morta no estado de Texas, que foi polo de agora o máis afectado, aínda que o servizo meteorolóxico xa alertou de que esta cadea de tornados se despraza cara a Oklahoma, Louisiana e Mississippi. 

Estes destrutivos tornados empezaron a formarse na tarde do luns cando comezaron a coller unha forza devastadora que desatou o pánico entre a poboación.

Calcúlase que foron entre 25 e 30 tornados de diferente magnitude os que atravesaron o estado de Texas, onde o gobernador declarou o estado de desastre en 16 condados en que, segundo as primeiras estimacións, hai unhas mil vivendas danadas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade