Publicador de contidos

Publicador de contidos

Retiran varias serpes intrusas en vivendas de Poio

Retiran varias serpes intrusas en vivendas de Poio

Os responsables de Protección Civil advirten que é mellor non tocalas: "Deixalas quietas ou, se queremos que se retiren, tocarlles desde a distancia e elas acabarán marchando"

Imaxe dunha das serpes retiradas por efectivos de Protección Civil dunha casa de Poio nos últimos días
G24.gal 30/05/2022 14:27

"A mellor maneira de actuar se non sabemos é deixala, non facer nada, porque ten máis medo ela de nós que nós dela. En Galicia abunda quen cre que deben matarse as serpes porque son malas; ao contrario, son moio beneficiosas. Deixala quieta ou se queremos que se retire, tocarlle desde a distancia, e elas acabarán marchando", di Manuel Vicente Caamaño, responsable da agrupación de Protección Civil de Poio.

Ese servizo retirou varias serpes de vivendas a pedimento de axuda dos moradores. Nunha casa, mesmo había dous exemplares de distinto tipo, pero sen riscos graves para persoas. Avisos nese sentido tiveron moitos, pero as ocupacións máis urxentes propiciaron a fuxida dos ofidios, intrusos se a casa está rodeada de natureza, pero inofensivos na súa maioría.

Explica o responsable da agrupación de Protección Civil de Poio que "aquí a que máis abunda e a cóbrega de escaleira e a que chaman cobregón. A maioría, o noventa por cento, non son velenosas. Se temos dúbidas, non tocalas, apartarse e chamarnos para que as quitemos e as volvamos ao seu hábitat".

A vexetación abundante arredor da casa propicia que serpes e bichería en xeral se extralimite no seu territorio, como nos contan nas Viñas, Poio.

"Que me subiu unha ao balcón. Fun buscar un veciño para que ma quitara de alí, porque me entrou unha tensión de nervios tremenda. Non era unha serpe moi grande. Delgadiña, pero chegáballe ben", di unha veciña.

E un home fala así das serpes: "Andan por fóra para tomar o sol. E como hai tanta maleza métense por aí e... quen vai tras delas?".

Non é frecuente, pero cómpre lembrar que en caso de mordedura dunha serpe debe acudir a un centro sanitario e se leva unha imaxe será máis doado o diagnostico e tratamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade