Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vaga de asaltos ás vivendas baleiras nunha parroquia de Abadín

Vaga de asaltos ás vivendas baleiras nunha parroquia de Abadín

Desvalixan ata catro casas en Labrada

 

Félix Aragunde 02/12/2021 14:02

Ata catro vivendas baleiras da parroquia de Labrada, no concello chairego de Abadín, foron desvalixadas en cuestión de días. Nelas, os asaltantes roubaron billas, cazos, lámpadas, un quentador ou incluso cables da luz. 

Esta vaga de roubos provocou a alarma entre os veciños, que están preocupados polo que lles poida pasar. Piden, por tanto, unha maior vixilancia na zona por parte das forzas de seguridade. 

Tras as denuncias realizadas polos donos das vivendas, a Garda Civil está agora a investigar a autoría desta vaga de asaltos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade