Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unións Agrarias, contrarias a fixar uns prezos máximos para os alimentos

Unións Agrarias, contrarias a fixar uns prezos máximos para os alimentos

O secretario xeral do sindicato cre que serían os gandeiros e os labregos os que acabarían pagando as consecuencias

G24.gal 09/09/2022 09:44

Unións Agrarias cre que "sería ilegal" fixar uns prezos máximos para os alimentos, como propuxo a vicepresidenta segunda do Goberno Yolanda Díaz.

O secretario xeral do sindicato agrario Roberto García explicou no Galicia por diante da Radio Galega que iría en contra das leis da competencia e tamén da lei de cadea alimentaria. En calquera caso, apuntou, se chegase a aplicarse, serían os gandeiros e os labregos os que acabasen pagando as consecuencias, xa que, agoira, as grandes cadeas de supermercados seguirían gañando o mesmo e repercutirían eses abaratamentos no último elo da cadea, é dicir, os produtores.

"Que tememos nós? Que se as cadeas de distribución, por imposición do Goberno, chegan a un acordo para rebaixar os produtos básicos da cesta da compra, non vai ser por renunciar aos seus beneficios, como se está querendo anunciar, senón trasladando o prezo cara a abaixo, como leva facendo toda a vida", dixo Roberto García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade