Publicador de contidos

Publicador de contidos

Usan datos de opositores para estafar 150.000 euros en xoias: entre as vítimas hai dous galegos

Usan datos de opositores para estafar 150.000 euros en xoias: entre as vítimas hai dous galegos

Lograron estafar 150.000 euros a 11 empresas con datos de 69 cidadáns de toda España, un deles de Pontevedra e outro de Ourense

G24.gal 24/02/2022 15:11

Na Rioxa, a Garda Civil detivo tres estafadores que usaban datos persoais de opositores para mercar xoias de alto valor. Entre as vítimas hai dous galegos.

Collían os datos persoais das vítimas en listaxes de antigos opositores en Internet. Despois creábanlles unha conta bancaria, un correo electrónico e un domicilio falsos e mercaban, ao seu nome, xoias de alto valor e teléfonos móbiles en Internet.

Cando o repartidor ía entregalas, parábano na rúa, identificábanse como os compradores e quedaban co botín para revendelo despois. En total lograron estafar 150.000 euros a 11 empresas con datos de 69 cidadáns de toda España, un deles de Pontevedra e outro de Ourense.



 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade