Publicador de contidos

Publicador de contidos

A reurbanización redúcelles a 40 centímetros o espazo de acceso á vivenda nunha parroquia da Coruña

A reurbanización redúcelles a 40 centímetros o espazo de acceso á vivenda nunha parroquia da Coruña

Os prexudicados esixen protección na súa vivenda

Reyes Rego 30/01/2023 14:01

Impotente, Víctor mide o espazo que lle quedou para acceder á súa vivenda. Di que por mor dunhas obras de reurbanización, quedou reducido a uns escasos corenta centímetros, mentres que a beirarrúa de enfronte ampliouse a un metro e sesenta centímetros.

Temen que cando reabran o tráfico na estrada, cortada desde hai xa un mes, comecen os problemas.

Contan os afectados que xa se empotrou algún coche hai anos contra a esquina da súa casa e por iso instaláronlles diante unha barreira metálica. Agora seguen esixindo protección.

Contan que xa lle solicitaron ao Concello que modifique a repartición de espazos para poder acceder á súa vivenda, pero cren que a piques xa de rematar as obras, non haberá variacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade