Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os incendios arrasan xa máis de 10.000 hectáreas en Portugal

Os incendios arrasan xa máis de 10.000 hectáreas en Portugal

Xa arderon 10.000 hectáreas, e máis de 700 persoas tiveron que ser evacuadas

G24.gal 14/07/2022 20:42 Última actualización 14/07/2022 22:12

A vaga de calor e o vento dificultan a extinción dos incendios que asolan Portugal desde hai varios días e que xa custaron unha vítima mortal.

Estas condicións meteorolóxicas levaron ao primeiro ministro luso António Costa a cualificar este xoves como a xornada máis grave na loita contra o lume.

O estado de continxencia vaise manter, en principio, ata este domingo. 

O país enteiro está desbordado.

Na freguesía de Lanhelas, en Caminha, ninguén pegou ollo esta noite porque toda a veciñanza se entregou en protexer as casas que estaban ameazadas polas lapas.

Os incendios no norte están todos baixo control, tamén baixo vixilancia para evitar que se reaviven esas chamas.

O fume segue chegando a Galicia a través da fronteira coa provincia de Pontevedra.

As columnas de fume que se divisan desde Tomiño, Tui, A Guarda e O Rosal dan idea da magnitude da tensión que viviu a poboación dos municipios da raia portuguesa.

A acción solidaria da veciñanza salvou da destrución moitas casas de parroquias coma as de Lanhelas, en Caminha. 

O de Caminha foi un dos incendios máis voraces do norte do país.

Medios aéreos e terrestres continuaron traballando na zona para mantela controlada. 

A vaga de incendios deixa unha vítima mortal en Aveiro e máis dun cento de feridos en todo o país.

Ademais, xa se queimaron dez mil hectáreas e setecentas persoas tiveron que ser evacuadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade