Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vaga de calor pon este domingo en alerta sete comunidades por temperaturas de ata 43ºC

A vaga de calor pon este domingo en alerta sete comunidades por temperaturas de ata 43ºC

Entre as comunidades máis afectadas están Andalucía, Castela-A Mancha, Estremadura, Madrid e Cataluña

O ascenso das máximas notarase aínda máis a partir do domingo e durará polo menos ata o mércores

 

G24.gal 11/06/2022 20:57 Última actualización 11/06/2022 23:30

Fin de semana de temperaturas moi altas para este mes de xuño en boa parte da Península pola entrada dunha masa de aire cálido procedente do norte de África.

En sete comunidades autónomas hoxe os termómetros roldaban os 34 graos. No val do Guadiana, do Guadalquivir e do Texo mesmo superaron os 40. Mañá a calor intensifícase. Esta vaga, da que se libra Galicia, durará polo menos ata o mércores.

A entrada dunha masa de aire cálido procedente do norte de África, está provocando un importante ascenso das temperaturas mínimas e máximas. Entre as comunidades máis afectadas están Andalucía, Castela-A Mancha, Estremadura, Madrid e Cataluña.

As máximas deste sábado roldaron os 40 graos no val do Texo, e chegaron aos 42 no val do Guadiana e do Guadalquivir.

Ata o mércores

O ascenso de temperaturas notarase aínda máis a partir deste domingo pola intensificación do fluxo de aire africano, moi cálido e seco, que dará comezo a un episodio de vaga de calor.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, as temperaturas máximas alcanzarán facilmente os 36 graos no interior peninsular e en Mallorca.

Estes valores superaranse amplamente no val do Guadalquivir, no do Guadiana e do Texo con temperaturas entre os 40 e os 43 graos. No val do Ebro é probable que se alcancen os 38-41 ºC.

Nestas zonas, as temperaturas mínimas serán tamén elevadas, con valores entre os 20 e os 25 graos. A vaga de calor manterase, polo menos, ata o mércores vindeiro, sen descartar que se prolongue durante o resto da semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar