Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha persoa falecida e outra ferida grave polo atropelo dun autobús na Coruña

Unha persoa falecida e outra ferida grave polo atropelo dun autobús na Coruña

O suceso ocorreu ao final da rúa San Andrés, no punto en que coincide coa praza de Pontevedra

G24.gal 30/06/2022 21:10

Unha muller morreu atropelada por un autobús na Coruña e un home quedou ferido grave, informan a Efe fontes de emerxencias.

O suceso produciuse ás 19:05 horas de hoxe ao final da rúa San Andrés, no punto onde coincide coa céntrica praza de Pontevedra.

O persoal sanitario confirmou o falecemento dunha muller e trasladou a un home ferido grave ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Instantes despois, o 112 Galicia mobilizou os bombeiros da cidade, Protección Civil e a Policía Local, ademais do 061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade