Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha parada "repentina" do motor, orixe do naufraxio

Unha parada "repentina" do motor, orixe do naufraxio

A armadora do Villa de Pitanxo fai pública a explicación ofrecida polo patrón do arrastreiro

A Fiscalía acelerará ao máximo a declaración de falecemento dos mariñeiros do Pitanxo

G24.gal 21/02/2022 17:09

Unha parada "repentina" do motor principal de Villa de Pitanxo,  foi a orixe do naufraxio do arrastreiro en augas de Terra Nova o martes pasado. 

Así o comunicou a empresa armadora, Pesqueiras Nores, que fixo pública este luns a explicación ofrecida polo patrón do barco, Juan Padín, un dos tres sobreviventes. Esa circunstancia produciuse durante a manobra de virada do aparello, segundo a compañía.

A parada do motor deixou ao barco "sen propulsión nin goberno" e exposto ao vento e ás ondas, sufrindo golpes de mar que o escoraron e afundiron "de forma moi rápida".

Os armadores reuníronse este mediodía coas familias dos tripulantes falecidos e desaparecidos para trasladarlles esta información e o estado das repatriacións. Ademais, mostraron a súa "total disposición" para impulsar que as tarefas de rastrexo se retomen "canto antes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade