Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller mata a veciña a coiteladas e despois suicídase

Unha muller mata a veciña a coiteladas e despois suicídase

O suceso ocorreu na tarde deste luns no barrio de Carabanchel

As mulleres vivían porta con porta e discutían con frecuencia

EFE/Javier Lizón
G24.gal 18/04/2022 20:37

Unha muller de 56 anos matou á súa veciña de 84 a puñaladas e despois suicidouse precipitándose desde unha sexta planta nun edificio do barrio madrileño de Carabanchel.

Un alumno dunha autoescola e unha muller que paseaba a poucos metros do lugar foron testemuñas da caída da agresora, que faleceu practicamente no acto.

Os axentes do Grupo de Homicidios da Policía Nacional recolleron numerosas probas no edificio, entre elas, a arma homicida.

As dúas vítimas eran pacientes psiquiátricas e vivían porta con porta no último piso dun bloque da rolda de Don Bosco. Os veciños aseguran que as disputas entre ambas mulleres eran continuas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade