Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller envelena o home e despois suicídase

Unha muller envelena o home e despois suicídase

O suceso ocorreu este luns na localidade madrileña de Fuenlabrada

G24.gal 02/01/2023 19:39 Última actualización 02/01/2023 19:46

Un home de 54 anos faleceu na localidade madrileña de Fuenlabrada supostamente envelenado pola súa muller, de 64.

Segundo fontes próximas á investigación, a muller subministroulle un produto químico e despois suicidouse.

O suceso tivo lugar arredor das 13 horas. Foron o fillo e a filla das vítimas os que alertaron os servizos de emerxencia.

Os sanitarios do Summa 112 e a policía atoparon a parella xa falecida e tiveron que asistir os familiares das vítimas por ataque de ansiedade.

Axentes de Seguridade Cidadá compareceron na vivenda e acharon os dous cadáveres nun dos cuartos da casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade