Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rosa Quintana: "Unha moratoria de Bruxelas evitaría danos irreversibles na frota"

Rosa Quintana: "Unha moratoria de Bruxelas evitaría danos irreversibles na frota"

"Atrasar dous meses a medida non provocaría danos irreversibles nos hábitats", di a conselleira do Mar

Euskadi, Cantabria, Asturias, Andalucía é Galicia son as comunidades afectadas e apoian o Ministerio nas negociacións con Bruxelas, asegura Quintana

Rosa Quintana, conselleira do Mar, esta mañá no 'Bos días'
G24.gal 03/10/2022 09:33

Primeiro luns do mes de outubro e entramos de cheo na conta atrás para que entre en vigor o regulamento da Comisión Europea que prohibe a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico. Entrará en vigor o día 9 de outubro.

Unha medida con forte impacto en Galicia, no sector pesqueiro, pero tamén no total de economía, e contra a que a Xunta insta a pedir unha moratoria de dous meses.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explica no informativo 'Bos días', os asuntos de actualidade  do seu departamento e comeza falando de por que é tan importante solicitar esta moratoria.

A Xunta pide unha moratoria de dous meses para o veto á pesca de fondo

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, pide a paralización do "regulamento de execución", xa que a Comisión Europea publicou a súa entrada en vigor "a menos dun mes do novo informe", e que Unión Europea dea unha moratoria "que dea tempo a revisar ese último informe e que non impacte directamente nunha frota que está precisamente agardando os meses de Nadal para poder obter os mellores prezos posibles do seu traballo. Sería unha medida que se vería de bo grado".

"Atrasar dous meses a medida non provocaría danos irreversibles nos hábitats, pero si os evitaría na frota"

Rosa Quintana explica que a Comisión Europea adopta esta medida a consecuencia do regulamento de 2016: "Esperar do 2016 ao 2022 supoño eu que pouco significaría esperar agora dous meses; prexudicaría os fondos, como así o temos acreditado, pero axudaría a recuperar o valor dos produtos. Hai que lembrar que os nosos armadores gardan as maiores posibilidades de pesca para finais de ano".

O Goberno español xa manifestou que non contempla pedir este aprazamento, que esta moratoria non é factible, aínda que o ministro Planas, dixo esta fin de semana "estar aberto" a todas as posibilidades.

Euskadi, Cantabria, Asturias, Andalucía é Galicia apoian ao Ministerio nas negociacións

Neste caso, explica Rosa Quintana, "todas as comunidades autónomas afectadas estamos apoiando ao ministro Planas para que faga presión en Bruxelas. Nestes momentos sabemos que hai comunicación intensa entre o Ministerio e a Comisión para conseguir moratoria, suspensión, algo que permita que o día 9 de outubro non teñan que permanecer amarradas as frotas. Porque é lóxico pensar que se pechan 87 zonas, os barcos que pescan nesas zonas se van ter que desprazar cara a outras zonas onde xa hai unha flota que está traballando".

"Mesturar diferentes artes de pesca podería levar a conflitos"

A conselleira do Mar teme que se mesturan diferentes artes de pesca na mesma zona pode levar a "a conflitos" entre frotas de distintos pavillóns (países), pero tamén entre frotas do mesmo pavillón, xa que unhas artes poderían entorpecer as outras".

Quintana di que desde a Xunta se entende que é o Estado o que "está lexitimado para interpoñer este recurso. Unha rexión tería moi difícil que o seu recurso fose admitido a trámite. 

É importante presentar o recurso canto antes para pedir a suspensión temporal do acordo. Datos non temos, pero a secretaria xeral díxonos o venres pasado que tiñan a intención de facelo o antes posible e están traballando, pero aínda non nos confirmaron en que data o van presentar".

O 9 de outubro entra en vigor o regulamento que veta a pesca  de fondo en 87 zonas

A conselleira do Mar, ante a entrada en  vigor do regulamento que veta a pesca de fondo en 87 zonas, lamenta: "Estamos deixando que a UE que estamos importando o 60 % do peixe que se consome en Europa e á pouca pesca que temos en Europa estámoslle poñendo atrancos nas rodas. Debemos reflexionar un pouquiño, a Comisión Europea e todos os gobernos de que futuro queremos para a Unión Europea".

Rosa Quintana tamén comenta que o propio sector lle "solicitou ao presidente Rueda que, aínda que saibamos que non nos van admitir o recurso, que o presentásemos igual para dar un sinal en Europa de que isto non pode seguir por este camiño. Imos intentalo".

Segundo os datos de pesca, o veto pode afectar máis de 4.400 tripulantes

Os eurodeputados Paco Millán e Gabriel Matos solicitaron a comparecencia do Comisario para este pleno e "non puido ser porque o grupo socialista e os verdes votaron en contra. Agora estamos todas as comunidades autónomas solicitando unha xuntanza ao noso ministro, que é o lexitimado, e logo daremos todos os pasos posibles para facer oír a nosa voz".

A conselleira do Mar avanza que este xoves irá a unha reunión da CRPM, en que están todas as rexións pesqueiras do Arco Atlántico e "alí tamén exporei os problemas que estamos detectando, nas derivas que está adoptando a comisión europea que cada vez máis se deixa levar por aspectos medioambientais e non ten en conta os aspectos sociais e económicos".

A Xunta comezou a traballar xa este tema en setembro de 2021, "cando vimos as derivas do pacto verde europeo. O ministerio avisounos por primeira vez no mes de marzo do 22", lamenta Rosa Quintana.

"Para o recurso argumentos hainos tanto de fondo como de forma", remata salientando a conselleira do Mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade