Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha nada usual nevarada deixa ducias de incidencias na illa da Madeira

Unha nada usual nevarada deixa ducias de incidencias na illa da Madeira

A illa da Madeira adoita ter temperaturas por riba dos 21 graos todo o ano

O forte vento da borrasca Celia está deixando días desapracibles

Alberto Mancebo 15/03/2022 13:31

A borrasca Celia deixou nas últimas horas en Portugal unha imaxe moi pouco habitual: neve na illa da Madeira. Algo moi estraño se temos en conta que alí sempre teñen temperaturas primaverais.

A Madeira é moi apreciada entre os turistas europeos porque se mantén nunha temperatura constante de 22 graos, pero Celia levouna por diante baixando os termómetros ata os menos 3 graos nas zonas máis altas da illa.

Isto provocou algún que outro incidente co tráfico, e o vento causou pequenos danos. A última vez que nevou na Madeira foi no 2011, pero non o fixo con tanta intensidade. Hai que remontarse aos anos 70 para ver un temporal destas características na chamada perla do Atlántico.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade