Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha forte treboada provocou anegamentos en Burela

Unha forte treboada provocou anegamentos en Burela

Outros concellos como Viveiro e Cervo tamén se viron afectados

A marea alta intensificou os efectos da forte chuvia

G24.gal 02/06/2022 14:13

As treboadas sucédense estes días en diferentes puntos de Galicia, causando problemas ao seu paso. No caso da Mariña, foi en Burela onde levaron a peor parte. A intensa chuvia e a suba da marea deixaron anegada a zona do porto, o que provocou entradas de auga en negocios e vivendas e interrompeu o tráfico rodado.

Vinte minutos pero suficientes para provocar importantes asolagamentos nas rúas de Burela, especialmente da zona portuaria. Os efectivos de Protección Civil tiveron que atender numerosas chamadas de veciños e donos de negocios que vían como a auga entraba nos inmobles. Esta mañá seguían os labores de limpeza.

A cantidade de auga que deixou a treboada fixo que os colectores colapsaran. Iso, sumado ao feito de que a marea estaba aínda subindo e empurraba cara a dentro o que saía polos aliviadoiros, derivou en que a auga e os residuos se amorearan sobre o firme.

Burela, onde comezan hoxe as festas patronais, segue en alerta amarela polo que as treboadas poderían volver esta tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar