Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha exposición retrata a época dourada da industria cosmética

Unha exposición retrata a época dourada da industria cosmética

O Museo de Pontevedra exhibe 200 frascos de perfume datados entre 1896 e 1945

G24.gal 19/04/2022 20:45

Unha parte da colección de máis de 4.000 recipientes históricos de perfumaría do portugués Afonso Oliveira exhíbese estes días no Museo de Pontevedra. A escolma exemplifica a época dourada desta industria.

Estas 200 pezas, sobre todo frascos de perfume e caixas de cosméticos, están datadas entre finais do século XIX e os anos 40 do século XX. Constitúen un resumo da historia das artes decorativas deste período e tamén de certos cambios económicos e sociais.

Se a historia do perfume é apaixonante, a dos seus envases fala de arte, de consumo, de costumes de hixiene e de referentes de beleza.

Na escolma predominan os estilos art nouveau e o art deco, pero o auténtico punto de inflexión na mostra é a alianza do perfumista Coty co vidreiro Lalique para conseguir que o perfume tamén entrase pola vista.

Cristais negros de Chequia, marcas españolas, deseños dun vigués, inspiracións en actrices como Mae West e en culturas exóticas para a Europa da Belle Epoque. A exposición reúne pezas únicas.

A mostra pódese visitar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra ata o vindeiro 12 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade