Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xornalista afgán denuncia dende Ourense a situación do seu país

Un xornalista afgán denuncia dende Ourense a situación do seu país

O mozo fuxiu coa súa familia cando os talibáns tomaron Cabul

Refuxiados afgáns chegando a España
Ana Lois 17/11/2021 20:09

Fuxiu de Afganistán coa súa familia, pero non esquece o seu país. Mohammad Alí Joseini é un xornalista de 24 anos. A súa axencia sufriu numerosos atentados.

E cando os talibáns tomaron Cabul, el e a súa familia estiveron 5 días no aeroporto ata que conseguiron saír. Agora vive en Ourense. Dende alí, quere denunciar a situación de opresión en que viven os seus compatriotas.

"Hai seis meses tivemos unha explosión nunha escola de nenas en Cabul. Oímos que moitas rapazas que ían á escola morreron ou resultaron feridas. Pero nos últimos días que estiven en Cabul vin unha chea de nenas indo á escola e elas dicían que non ian deixar de ir á clase ainda que as matasen", di Mohammad.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade