Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un viño galego acada por primeira vez os cen puntos na lista Parker

Un viño galego acada por primeira vez os cen puntos na lista Parker

Sorte O Soro é un godello elaborado por Rafael Palacios na D. O. Valdeorras

Faise con uvas de cepas vellas dunha viña do Val do Bibei

G24.gal 01/03/2022 14:30

Rafael Palacios, un enólogo e adegueiro da Rioxa, estableceuse en Valdeorras no ano 2004 porque é un namorado dos viños blancos, en especial do godello, e considera que Galicia é un lugar ideal para cultivalos.  

Actualmente dispón de 24,5 hectáreas de viñas no Val do Bibei, pero traballa con especial interese a primeira que mercou, unha parcela de media hectárea con cepas de máis de 40 anos. Coas suas uvas é coas que elabora o Sorte O Soro, o seu viño máis selecto. 

Desde que o sacou ao mercado no 2014 xa recibiu moi boas valoracións nas catas e publicacións máis prestixiosas do mundo dos viños. Agora acaba de recibir a máxima puntuación da lista Parker.  É a primeira vez que un viño galego logra os cen puntos da recoñecida publicación americana.  

Cultiva a viña de maneira tradicional, sen mecanización, polas dificultades de acceso e aplica os principios da agricultura biodonámica. Fermenta o mosto con lévedos silvestres e envelléceo en cubas de madeira durante 7 meses.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar