Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un terremoto de magnitude 5,9 sacode o noroeste de Turquía

Un terremoto de magnitude 5,9 sacode o noroeste de Turquía

As autoridades turcas non informan de danos persoais

G24.gal 23/11/2022 07:39

Un terremoto de magnitude 5,9 na escala de Richter sacudiu a provincia turca de Düzce, no noroeste do país, sen que ata o momento se informase de vítimas mortais.

O sismo, que se sentiu en Ankara e Istambul, produciuse ás dúas da mañá, hora galega, e espertou os cidadáns de varias provincias, informou AFAD, o servizo público de emerxencias e catástrofes.

"Ata o momento, non hai ningunha información sobre a perda de vidas; os nosos equipos continúan explorando a área", declarou o ministro turco do Interior Suleyman Soylu. Tamén Cevdet Atay, o gobernador de Düzce, confirmou que non había informacións sobre persoas falecidas. Segundo a televisión CNNTurk, varios feridos estaban a chegar por conta propia ao Hospital Estatal de Düzce. Aparentemente, sufriron lesións ao fuxir ou saltar das súas vivendas.

"Sentímolo con moita forza. Neste momento, a xente está fóra das súas casas", declarou Faruk Özlü, alcalde da cidade de Düzce, capital da provincia homónima. 

"Non hai electricidade. Non hai noticias de feridos, destrución ou morte que nos chegasen ata o de agora", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade