Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un raio entra polo tellado dunha casa en Rianxo e dana a instalación eléctrica

Un raio entra polo tellado dunha casa en Rianxo e dana a instalación eléctrica

O raio chegou a entrar na casa e afectoulle tamén á fachada

G24.gal 08/12/2021 12:26

En Rianxo, un raio caeu sobre o tellado dunha casa esta noite. Segundo os datos facilitados polo 112, aconteceu nunha vivenda do lugar da Burata, na parroquia de Taragoña, contra as nove e media.

O raio chegou a entrar na casa e afectoulle á instalación eléctrica e á fachada. Non houbo danos persoais. Ao lugar acudiron os bombeiros de Boiro, Protección Civil e Policía Local de Rianxo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar