Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un morto no Medusa Festival de Valencia tras cederen varias estruturas polo vento

Un morto no Medusa Festival de Valencia tras cederen varias estruturas polo vento

Hai cinco feridos ingresados nos hospitais de Valencia

Os asistentes ao festival están a ser trasladados para pasar a noite nun pavillón de Cullera

O Medusa cancelouse definitivamente

G24.gal 13/08/2022 20:17 Última actualización 13/08/2022 20:43

Un mozo de 22 anos faleceu e máis de trinta persoas feríronse tras caer parte do escenario principal e a estrutura de entrada ao recinto en que se celebra desde o mércores o Medusa Festival, na praia de Cullera, en Valencia.

O tráxico accidente produciuse polo forte vendaval que se desatou contras as catro da mañá e que envolveu nunha treboada de area todo o recinto.

Emerxencias informou de que nove dos feridos estaban graves e que foron evacuados a diferentes hospitais de Valencia e ao de La Ribera, en Alzira, mentres outros doce dos feridos tiveron lesións leves polo que recibiron atención no lugar do accidente por distintos equipos sanitarios.

A organización do festival suspende definitivamente a actividade tras as inclemencias meteorolóxicas rexistradas esta madrugada. No momento do suceso había 50 mil persoas gozando cos espectáculos nos diferentes escenarios. Os asistentes explicaban que notaron como unha treboada de area, un "aire que queima" e viron como caían sobre a xente varias estruturas.

Contra as catro da mañá, refachos de vento superiores aos 93 quilómetros por hora, fixeron caer varias estruturas, entre elas o cartel da entrada principal, de grandes dimensións, e distintas partes dos escenarios montados, algunhas delas caeron sobre o público.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, durante esta madrugada producíronse "rebentóns cálidos" con refachos moi fortes de vento e ascensos bruscos das temperaturas. 

A Garda Civil e a Policía Local de Cullera evacuaron nuns minutos todo o recinto onde se celebraban os concertos, mentres os equipos sanitarios atendían e trasladaban os feridos máis graves.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade