Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio nun hotel de Barcelona deixa polo menos seis feridos

Un incendio nun hotel de Barcelona deixa polo menos seis feridos

O lume orixinouse por causas descoñecidas nun establecemento da Rambla de Barcelona

Os Mossos d'Esquadra investigan as causas do incendio, xa controlado e extinguido

G24.gal 12/02/2022 15:35

Polo menos seis persoas feríronse nun incendio que se declarou este sábado nun hotel de Barcelona, que tivo que ser desaloxado.

O incendio orixinouse por motivos que se investigan contra a unha da tarde no hotel Coronado da rúa Nou da Rambla, no centro da capital catalá. Ata o lugar desprazáronse dez unidades de bombeiros para extinguilo.

Algunhas fontes sinalan que dous dos feridos poderían estar críticos e elevan a cifra de feridos ata nove. Algunhas testemuñas indican que os hóspedes do hotel recibiron a axuda dos veciños que colocaron colchóns na rúa para que saltasen polas fiestras para escapar das lapas.

Protección Civil da Generalitat activou a prealerta de emerxencias polo incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade