Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina varios vehículos e obriga a desaloxar dous edificios en Lugo

Un incendio calcina varios vehículos e obriga a desaloxar dous edificios en Lugo

Á falta dun balance oficial, sábese que o lume calcinou polo menos dous vehículos que estaban aparcados no garaxe dun dos dous edificios afectados

Imaxe cedida por 'El progreso'
G24.gal 21/01/2022 09:50

Investigan as causas do incendio que calcinou varios vehículos e obrigou a desaloxar dous edificios en Lugo. Un suceso que provocou grande alarma na zona e que puido ter consecuencias aínda máis graves.

As lapas acadaron grande altura e puideron verse desde diferentes puntos da cidade, o cal dá idea da magnitude deste incendio que afectou un inmoble de cinco andares na rúa Rei don García. O intenso traballo dos bombeiros durante varias horas evitou que houbese danos persoais e que os estragos fosen aínda maiores.

Á falta dun balance oficial, sábese que o lume calcinou polo menos dous vehículos que estaban aparcados no garaxe dun dos dous edificios afectados. Cando chegaron os bombeiros e a Policía Local, as lapas estendíanse con rapidez, e os veciños de ambos os dous inmobles foron desaloxados e seguiron a evolución do suceso desde a rúa.

Esta rápida intervención evitou ademais que ardesen tamén dúas motos, unha lancha e unha autocaravana que estaban nun baixo comercial. En canto á orixe do incendio, polo momento, descoñécense as causas, pero todo apunta a que comezou nunha nave lindeira.

Os bombeiros tiveron que continuar traballando de madrugada, arrefriando con auga o garaxe afectado, xa que a carga térmica era moi elevada.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade