Publicador de contidos

Publicador de contidos

Parlamentarios europeos participan en Santiago nunhas xornadas sobre o Camiño

Parlamentarios europeos participan en Santiago nunhas xornadas sobre o Camiño

A directora xeral de Turismo, Nava Casto, deulles a benvida e reivindicou os valores da ruta como unión de culturas e pobos 

G24.gal 25/06/2022 15:56 Última actualización 25/06/2022 16:24

Un grupo de europarlamentarios participa en Santiago nunhas xornadas sobre o Camiño como o primeiro itinerario cultural de Europa. Proceden de España, Portugal, Croacia, Republica Checa, Hungría e Italia.  Reivindican os valores da ruta Xacobea como garantes da convivencia pacífica dos pobos.  Explícao Dolors Montserrat, portavoz do PP no Parlamento Europeo.  

O Camiño son as raíces de Europa, da construción de Europa e da integración e da Unión Europea baseadas na paz e na convivencia, na liberdade e xustamente neste momento que vivimos momentos críticos cunha guerra en Ucraína e a crise económica.

Tamén sobre a mesa, a importancia do camiño para o desenvolvemento económico das localidades que atravesa e a contribución á conservación do patrimonio. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destaca a importancia desta xuntanza.

O itinerario cultural europeo que foi declarado primeiro foi o Camiño de Santiago e por iso este encontro co intergrupo, con eses eurodeputados que están aquí e que defenden o Camiño de Santiago, é fundamental.

Coa visita á catedral pecharán mañá este evento e a súa estancia na capital galega. Dolors Montsserrat conta que marchan para Bruxelas con deberes.

Pedíronnos deberes para que fagamos dende Europa, que é unha cartografía definitiva de todos os Camiños de Santiago e de todos os camiños europeos. Por suposto, levamos deberes e ímolo conseguir.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade