Publicador de contidos

Un gol de Sergi Enrich no engadido provoca a derrota do Lugo (1-2)

Un gol de Sergi Enrich no engadido provoca a derrota do Lugo (1-2)

G24.gal 06/11/2021 18:21

Tremendo pau o que recibiu o Lugo ante a Ponferradina, que se viu reflectido non só no gol recibido no tempo de prolongación.

Senón tamén na primeira xogada do partido cando Lebedenko estrelou unha pelota no traveseiro os sete minutos de partido.

Un cuarto de hora lle custou a Ponferradina entrar no encontro. Pero cando o fixo, creoulle moitos problemas os lucenses na primeira metade.

Sobre todo, entre os minutos 34 e 38 nos que contou con tres claras oportunidades para marcar. Primeiro París Adot e a continuación Kike Saverio fixeron lucirse a un Vieites cada vez máis seguro e fiable.

A terceira, sen embargo, foi a vencida. Agus Medina vaise de Xavi Torres, dispara e no rexeite bate o seu ex compañeiro Vieites, exdiscípulo tamén de Rubén Albés.

Ros empatou nun córner o tanto inicial de Agus Medina Ros empatou nun córner o tanto inicial de Agus Medina

No descanso, o técnico decide facer un triple troco Pita, Juanpe e Joselu entran no campo por Alende, Hugo Rama e Carrillo.

E cando se levaban once minutos da reanudación, o Lugo lograba a igualada nunha acción de estratexia na que Ricard Sánchez saca unha falta, coloca Juanpe e remata Ros.

A saída dos branco e vermellos sorprendeu a Bolo, que deu entrada a Kuki Zalazar- que na súa primeira participación, cae na área ante Lebedenko, nunha acción revisada polo VAR.

Animado pola situación, Albés deu entrada a Manu Barreiro no lugar de Cuéllar e o Lugo pasou xogar con dous dianteiros centro. Manu puido marcar pero Abezadeh sacou sobre a mesma liña.

O mesmo fixo a Ponferradina metendo no campo a Yuri por Cristian. Un Yuri que erra no man a man con Vieites.

O partido semellaba condenado o empate cando a pelota lle cae a Zalazar e o seu centro aproveitao Sergi Enrich para lograr o tanto da vitoria no que era o seu primeiro tanto co seu novo equipo.

Despois de doce anos, a Ponferradina volvía asaltar o Anxo Carro.

A vitoria caeu do lado visitante nun treito final en que o Lugo buscaba o 2-1 con dous dianteiros. Así o lembraba Rubán Albés tras o partido. Desta volta, a súa ambición xogoulle unha mala pasada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos