Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un gandeiro de Rois perde unha vaca, a cría e 5 ovellas polo ataque do lobo

Un gandeiro de Rois perde unha vaca, a cría e 5 ovellas polo ataque do lobo

Os gandeiros deben asumir ademais o gasto de desfacerse dos cadáveres

Navarra, a Blonde de Aquitania que os lobos mataron cando acababa de parir no monte
G24.gal 30/03/2023 13:48

Un gandeiro de Rois perdeu unha das súas mellores vacas, gañadora de varios premios, polo ataque do lobo. A res acababa de parir no monte. Os lobos devoraron a cría e feriron de morte a nai. Tamén lle mataron 5 ovellas.

Denuncia a desprotección do sector fronte a estes episodios, porque a zona onde está a explotación carece de axudas da PAC polo ataque do lobo e os gandeiros deben asumir ademais o gasto de desfacerse dos cadáveres.

Navarra era unha Blonde de Aquitania, de 6 anos, gañadora de varios premios, e a xoia da coroa da ganderia Rodriguez Pena de Rois. Unha gandería extensiva, de 130 cabezas que pacen en liberdade. Navarra acababa de parir na noite do luns ao martes, e nin os tres mastíns que coidan a explotación foron quen de protexer a nai e cría do ataque do lobo.

Xosé Ramón conta que xa sufriu varios ataques do lobo, pero desta volta o golpe foi duro porque lle mataron un dos seus mellores exemplares.

A presión do lobo na zona é constante. Xosé Ramón gravounos en diversas ocasións deambulando por alí. E denuncia que a pesar diso, Rois está excluído das axudas da PAC para a perda de animais polo ataque do lobo.

Di que son moitos os atrancos que deben superar. Ao ser unha explotación extensiva o gando non pode estar en cortes, se non penalízanos nas axudas. Pero teñen que incumplir moitas veces e resgardar aos xatos cando nacen polo menos para que non sexan carne para o lobo se pacen ceibos nos prados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos