Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un estudo alerta dunha alta incidencia de violencia sexual nas citas de Tinder

Un estudo alerta dunha alta incidencia de violencia sexual nas citas de Tinder

"Moitas mulleres sofren agresións sexuais con homes cos que foron voluntariamente", di unha das responsables do estudo

G24.gal 16/03/2023 14:37

Un estudo da Federación de Mulleres Novas pon no foco as aplicacións de citas. Cunha enquisa a 1.000 mulleres que as usan analizou Tinder, unha das máis activas en España.

O 70 % recoñeceu que se sentiron coaccionadas para manter relacións e unha de cada cinco di que sufriu unha violación.

Unha das coordinadoras do estudo, Mónica Saiz explica que "as violencias e as agresións sexuais son múltiples. Moitas mulleres sofren agresións sexuais con homes cos que foron voluntariamente".

Violencias como as que recoñecen o 30 % das enquisadas ao asegurar que a súa cita seguiu cando elas quixeron parar. A mesma porcentaxe que dixo sufrir presións para prácticas non acordadas entre elas ou non usar preservativo.

Desde a Federación de Mulleres Novas "demandamos educación sexual e afectiva nas aulas, de xeito formal". 

O estudo comprobou que o 60 por cento das usuarias da aplicación recibira propostas de agasallos ou cartos a cambio de sexo. Podemos falar por suposto dunha prostitución 2.0 nas aplicacións de citas", engade Mónica Saiz.

Outros datos reflicten que máis da metade viuse coaccionada a consumir alcol para manter relacións. E unha de cada tres citas tentou gravar ou facer fotos como xeito de presión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade