Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un condutor bate contra a fachada dun bar con xente dentro en Santiago

Un condutor bate contra a fachada dun bar con xente dentro en Santiago

Unha das persoas que estaban no interior do establecemento quedou ferida

O coche provocou importantes destrozos no local
G24.gal 14/01/2023 21:03

Unha persoa quedou ferida nun bar de Santiago despois de que un condutor perdera o control do seu vehículo e se esnafrara contra a fachada do local. O accidente ocorreu pasado o mediodía no centro da cidade, nunha rúa moi concorrida.

O condutor, de idade avanzada, saía do garaxe e por causas que se descoñecen atravesou a rúa co seu coche e foi bater de fronte contra unha cervexería despois de tronzar unha árbore.

A consecuencia do impacto, un cliente do local quedou ferido leve e foi trasladado ao hospital. 
Outros dous clientes e o condutor do vehículo foron atendidos polo persoal da ambulancia sen que sufrisen danos de importancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar