Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un cento de feridos, entre eles 60 xendarmes, nunha protesta contra un encoro en Francia

Un cento de feridos, entre eles 60 xendarmes, nunha protesta contra un encoro en Francia

Sucedeu durante unha manifestación non autorizada contra a construción dun encoro para a rega

Na protesta participaban familias con nenos e persoas da terceira idade entre os que se mesturaron alborotadores, aseguraron as autoridades

 

G24.gal 30/10/2022 10:11

Case un cento de persoas, polo menos 61 deles xendarmes, resultaron feridos o sábado en enfrontamentos entre a policía e os participantes nunha protesta contra o proxecto dun encoro para a rega no departamento de Deux-Sèvres, no oeste de Francia.

Os disturbios producíronse nas proximidades da localidade de Sainte Soline, a uns 50 quilómetros da vila de Niort.

Os axentes detiveron seis dos participantes na protesta. A Prefectura do departamento decretara con carácter preventivo a prohibición de calquera manifestación durante toda a fin de semana en Sainte Soline porque temía altercados.

A organización ecoloxista creada para combater a construción deste encoro e dos outros quince que forman parte do proxecto afirmou que os choques contra as forzas da orde, que utilizaron material antidisturbios como gases lacrimóxenos, causaron unha trintena de feridos entre os manifestantes.

Os convocantes aseguran que os servizos sanitarios atenderon unha decena de persoas e que tres precisaron hospitalización.

A Prefectura denuncia que se lanzaron cócteles molotov, pedras, botellas e outros proxectís contra os axentes, que utilizaron gases lacrimóxenos para repeler a protesta. 

O encoro é parte dun proxecto que inclúe outros 15 máis que se utilizarán para a regadura agrícola. Centos de agricultores que apoian as obras afirman que lles van permitir extraer un 70 % menos de auga subterránea no verán.

Os residentes locais e os activistas temen que os agricultores poidan apropiarse da auga na área afectada pola seca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade