Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camión de dobre remolque queda encaixado nunha cuneta de Brión

Un camión de dobre remolque queda encaixado nunha cuneta de Brión

Fixeron falta dous guindastres para retiralo da estrada de Bastavaliños

Os veciños din que a estrada non é axeitada para o tráfico pesado

G24.gal 12/11/2025 14:05

Non foi un accidente grave, pero si moi aparatoso. Sucedeu á media tarde de onte na estrada de Bastavaliños, que une Brión con Rois. Por motivos que se descoñecen, o camión saíu da vía e acabou atrapado na cuneta. Sacalo non foi sinxelo, o vehículo tiña dobre remolque e viña cargado de pellets dunha fábrica da contorna. Fixeron falta dous guindastres para rescatalo, e a intervención da Garda Civil e a Policía Local para cortar o tráfico. 

Aos veciños da zona non lles sorprende o sucedido. 

"Por aquí pasan un montón de camións e tráilers enormes a todas as horas, todos os días, é un caso serio".

"Teñen a fábrica ao final da recta e a estrada é estreita para os camións que van e veñen".

Quéixanse de que esta estrada municipal non é axeitada para este tipo de transportes.

"Ao atoparse de fronte teñen que arrimar as orellas e ir moi amodo para pasar os dous. Incluso cando vas cun coche e te cruzas tes que arrimarte á beira". 

E, ao ter que arrimar, ou ben van á cuneta ou ben invaden a senda por onde circulan os peóns.

"Ti vas andando e tes que apartar polos coches que se arriman á beirarrúa".

"É un perigo, hai que andar con moito coidado".

Un perigo que, para estes veciños, se solucionaría ampliando o ancho da vía. Quizais así, din, non volverían repetirse imaxes como a deste camión encaixado na gabia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade