Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ucraína e Rusia informan de avances no Donbás nas últimas horas

Ucraína e Rusia informan de avances no Donbás nas últimas horas

Kíiv afirma que recuperou un 20 % do terreo ocupado en Severodonetsk

As milicias prorrusas presumen de ter 226 localidades da rexión de Donetsk

Putin garante que non atacará os portos ucraínos cerealistas

G24.gal 04/06/2022 13:32 Última actualización 04/06/2022 13:46

As autoridades ucraínas aseguran que recuperaron posicións en Severodonetsk, o último foco importante da súa resistencia na rexión de Luhansk. Aínda que admiten que os rusos seguen dominando media cidade, manteñen que conseguirán reconquistala ao completo.

O gobernador militar da rexión explica que retomaron un 20 % do territorio perdido e nega que o enclave vaia caer en dúas semanas, como vaticinan algúns analistas. Di que cando lles cheguen as armas prometidas por Occidente, a Infantería rusa fuxirá.

O ministro de Defensa de Ucraína indicou que xa ten tropas adestrándose en Europa cos sistemas novos de mísiles que lles van enviar os Estados Unidos e Gran Bretaña.

Parte ruso

Pero as milicias prorrusas tamén presumen de avances no Donbás, en concreto na rexión de Donetsk. Din que teñen no seu poder 226 localidades e que se están achegando a Sloviansk, un punto estratéxico para a toma de Kramatorsk, cidade clave para controlar a rexión.

A intelixencia británica recoñece que Moscova está logrando un éxito táctico no leste de Ucraína ao concentrar alí as súas forzas. Afirma, porén, que é a conta de pagar un custo elevado e de pasar á defensiva no resto das frontes.

Conversas de paz

Na ONU cren que a guerra vai durar bastante e que non haberá gañadores e perdedores porque todos perden.

As conversas de paz permanecen estancadas, coas partes acusándose mutuamente de non querer dialogar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade