Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ucraína di que Rusia busca unha guerra moi longa para que Occidente negocie

Ucraína di que Rusia busca unha guerra moi longa para que Occidente negocie

Moscova mostra a súa tensión ante o posible ingreso na OTAN de Finlandia e Suecia

G24.gal 14/05/2022 13:57 Última actualización 14/05/2022 14:09

Ucraína di que Rusia entrou nunha terceira fase da guerra. Explica que tras fracasar primeiro no propósito dunha conquista rápida e logo no intento de illar as tropas ucraínas, a prioridade actual de Moscova é defender o terreo gañado.

Iso significa, segundo Kíiv, que Putin se decanta agora por unha contenda moi longa, coa esperanza de que as crises que causa poñan a Occidente na mesa de negociacións e que Occidente empregue a Ucraína como moeda de cambio.

Entrementres, Moscoca reacciona contra a posible entrada de Finlandia e Suecia na OTAN. Asegura que pode implicar o despregadura de armas nucleares neses dous países e puntualiza que Rusia respondería.

A invasión de Ucraína por parte de Rusia cumpre 80 días. Moscova fortaleceu as súas posicións no Mar Negro. Kíiv di que os mísiles rusos ameazan desde alí todo o país.

Ucraína segue poñéndolle as cousas difíciles no seu avance polo Donbás e tamén estaría preto de gañar a batalla pola rexión de Khárkiv.

Cerco á metalurxia de Azovstal

En Mariupol, os rusos intensificaron os bombardeos sobre a metalurxia de Azovstal. Aínda non a tomaron pero o futuro dos combatentes ucraínos que defenden o único bastión desta cidade estratéxica complícase.

O presidente Zelenski afirma que están en contacto diario con eles e que fan todo o posible por evacualos, pero admite que non confía nos negociadores rusos.

Ucraína tamén indicou que ten varios trens refrixerados cargados con cadáveres de soldados do Kremlin que recolleu nos campos de batalla, tras a retirada rusa das rexións de Kíiv e Cherníhiv.

Asegurou que está lista para devolverllos ao agresor, pero que de momento non hai diálogo con Rusia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade