Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tensión na contorna de Khersón, onde continúa a evacuación de civís

Tensión na contorna de Khersón, onde continúa a evacuación de civís

As autoridades prorrusas aseguran que Kíiv concentra unha gran cantidade de tanques e blindados na zona

As Forzas Armadas ucraínas acusan as atropas rusas de tentar localizar civís que se negan a abandonar a cidade

 

G24.gal 06/11/2022 09:16 Última actualización 06/11/2022 09:45

As autoridades designadas por Rusia en Khersón aseguran que Kíiv concentra unha gran cantidade de tanques e blindados preto desa rexión ucraína no marco dos preparativos para unha inminente ofensiva.

"Concentran cada vez máis equipo. Chegan moitos blindados e tanques", dixo o vicegobernador prorruso, Kiril Stremoúsov, en Telegram.

Segundo o funcionario prorruso, a evacuación de civís desde Khersón continúa.

"Os residentes da cidade aínda poden abandonar sen obstáculos a marxe dereita da rexión de Khersón", informa.

As autoridades ordenaron en outubro a evacuación na rexión dunhas 80.000 persoas na ribeira dereita do río Dniéper ante o achegamento das forzas ucraínas e hai dúas semanas incluíron a capital provincial.

Días despois, estenderon a medida á marxe esquerda para sacar de alí a 70.000 persoas. O Estado Maior Xeneral das Forzas Armadas de Ucraína asegura que as tropas rusas tentan localizar civís que se negan a abandonar Khersón.

As autoridades da veciña rexión de Zaporijia, anexionada por Moscova en setembro, subliñan pola súa banda que están a crear distritos fortificados ante posibles intentos das forzas ucraínas de ampliar o contraataque a ese territorio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade